Benvidos a Lorena Pampín Fisioterapia!
Un espazo para coidarse e autocoidarse.
son lore
Desde 2006 acompáñote no teu proceso terapéutico, involucrándote no mesmo e dándoche ferramentas para que mellores a túa saúde, e manteñas a mesma no tempo.
Un centro no que a prioridade é a prevención e a educación sanitaria, a práctica dunha fisioterapia actualizada e por suposto o respecto ao doente e ao seu proceso terapéutico.
Un centro no que atoparás unhas mans amigas e te sentirás e escoitadx, entendidx e arroupadx.
Espérote!


A miña gran paixón
Poder axudar a mulleres de todas as idades a transitar os seus procesos e etapas de vida, visibilizar as súas problemáticas, escoitalas, informalas, darlles ferramentas, ensinarlles autocoidado, empoderalas, ser apoio e sostén e ver as súas melloras a todos os niveis, é o maior premio ao meu traballo.
que podo ofrecerche
Fisioterapia xeral especializada
Fisioterapia actualizada para o diagnóstico, tratamento e prevención da túa problemática.
Pelviperineoloxía
Intervención en patoloxía da muller con perspectiva de xénero e feminista para mellorar a calidade de vida a todos os niveis.
exercicio terapéutico
Exercicio totalmente individualizado adaptado á patoloxía ou situación vital do doente para mellorar a funcionalidade.

Ademais da labor asistencial no centro...
Realizo charlas e talleres divulgativos sobre solo pelviano
Para que se coñeza, se entenda, se sinta e se conecte con esta parte tan olvidada e mal tratada e que afecta a unha porcentaxe moi importante da poboación feminina de todas as idades.
Desde hai 18 anos traballo con pacientes xeriátricos
Isto deume certa experiencia laboral nalgunhas patoloxías, problemáticas e situacións propias das idades máis avanzadas e sobre todo a entender que precisan atención e intervención, independentemente da súa idade ou estado.
testimonios

Contacta conmigo
Se sentes molestias, queres recuperarte dunha lesión ou simplemente buscas mellorar a túa calidade de vida, estou aquí para axudarte. Sexa cal sexa o teu motivo de consulta, se precisas acompañamento e queres mellorar a túa saúde implicándote no mesmo, espérote! Intentarei cumprir as túas expectativas e brindarche unha boa experiencia en consulta escoitándote e buscando a mellor opción para ti de forma personalizada e adaptada.
Será un pracer poder axudarche!