No 2006 soñaba cun centro de fisioterapia onde te sentises acompañadx, nun espazo seguro e cálido. Un lugar onde entender que che está pasando e recibir as ferramentas necesarias para acadar a saúde.
Hoxe, ese soño é unha realidade.


Tras 20 anos de experiencia, podo dicir con orgullo que ese soño é unha realidade. Ao longo deste camiño, medrei como profesional, asumindo retos, dando pasos adiante e algún que outro atrás. Formeime continuamente, mellorei as instalacións e, sobre todo, centreime en ofrecerche unha fisioterapia individualizada, adaptada ás túas necesidades e obxectivos. Unha fisioterapia rigurosa e actualizada, honesta, próxima, empática e real.
Dende moi nova tiven claro que a fisioterapia era a miña vocación, e cada día reafírmome máis nesta paixón. Rematei os meus estudos en 2004 e, movida pola miña curiosidade, inconformismo e alto nivel de autoesixencia, continuei formándome en diversas áreas: terapia manual, fisioterapia do deporte, síndrome da dor miofascial, punción seca, disfuncións da articulación temporomandibular, terapia manual abdominal, pilates terapéutico, ténicas hipopresivas, exercicio terapéutico adaptado á patoloxía, embarazo e posparto, e máis recentemente, fisioterapia en pelviperineoloxía.
Sentiraste escoitax, entendix e respectax, nun ambiente amigable no que poderás compartir e expresarte libremente.
Apoio e soporte para afrontar a terapia, implementar os cambios e mantelos co paso do tempo.
Formación e actualización constante para ofrecerche un servizo comprometido, riguroso e de calidade.
Comezar a traballar con mulleres no embarazo e posparto acompañándoas desde o exercicio abriu un novo mundo de posibilidades, vin a necesidade de poder abordar as súas problemáticas tamén desde outras ramas, e por iso me adentrei no mundo da pelviperineoloxía. Poder axudar a mulleres de todas as idades e transitar os seus procesos, dotalas de ferramentas para aliviar as dúas dores ou molestias, fortalecelas, empoderalas, e axudarlles a acadar un bo estado de saúde é a mellor recompensa ao meu traballo.
Neste campo descubrín unha paixón ata hai pouco descoñecida para min: a divulgación. Realizar talleres teórico-prácticos sobre solo pelviano ensinoume canto podemos e debemos facer para mellorar a vida das mulleres. Crear espazos seguros onde aprender, entender, descubrir, conectar, falar e facer tribo.
