SERVIZOS​

¿Como traballo?

O primeiro paso que damos cando o doente chega ao centro é realizar unha entrevista e historia clínica detallada, na que falamos do seu motivo de consulta, sintomatoloxía, antecedentes… seguido dunha valoración global e específica (visual, palpatoria, movilidade, forza, etc… ) según as súas necesidades, estructuras implicadas, e obxectivos iniciais. Estes dous pasos son esenciais para poder establecer un plan de tratamento individualizado que inclúe tanto o traballo en consulta, como unha serie de recomendacións domiciliarias, cambio de hábitos, exercicio terapéutico… implicando activamente ao doente na súa recuperación.
Posteriormente, e si é necesario, faremos un seguimento en consulta, durante as sesiones necesarias para o control da sintomatoloxía e a mellora da funcionalidade do doente que permita a recuperación da súa calidade de vida, actividade laboral ou de ocio.

Fisioterapia xeral especializada

Patoloxías músculo-esqueléticas ( dor de espalda, esguinces, fracturas, tendinites…), síndrome da dor miofascial (puntos gatillo e dor referida), patoloxías vasculares (edema vascular, linfático…), disfuncións da articulación temporomandibular, pre e post operatorios, patoloxías crónicas (fibromialxia, artrose, artrite…), disfuncións de órganos abdominais (estrinximento, adherencias…) ou as cicatrices recentes ou antigas son algunhas das doenzas que podemos tratar e mellorar con fisioterapia, e abordamos de forma habitual en consulta.

Terapia Manual

Punción Seca

Electroterapia e neuromodulación

Presoterapia

Exercicio terapéutico

e máis...

Las manos de Lorena sobre la pelvis de una barriga de de una mujer embarazada.

Fisioterapia en pelviperineoloxía

Valorar, facer tratamento, acompañar e dar soporte á muller para transitar as súas disfuncións de solo pelviano e outras problemáticas que poidan ter unha relación directa co mesmo, sexan recentes ou de longa data, agudas ou crónicas, ocupa gran parte das consultas do centro, e quizáis das máis gratificantes para min, tanto polo agradecido que adoita ser o tratamento, como polos cambios e melloras sustancias en pouco tempo, como polo feedback positivo que me transmiten as doentes.
Independentemente da idade ou do momento de vida no que te atopes (pubertade, embarazo, posparto, perimenopausa e menopausa, climaterio…), podo axudarche.

Dolor pélvico (dor menstrual, endometriose...)

Incontinencia de ouriños, gases ou feces

Prolapso de órganos pélvicos

Hipertonía muscular

Dispareunia (dor nas relacións sexuais)

Vaxinismo

Cicatrices (cesárea, desgarro perineal, cirurxías...)

Patoloxía vascular (varices e edema vulvar, hemorroides...)

Coccigodinia (dor no coccix...)

e máis...

Exercicio terapéutico

O repouso, a inmobilización, e os tratamentos eminentemente pasivos están obsoletos, son totalmente innecesarios na meirande parte dos casos e atan ao doente a acudir a consulta de forma periódica. Necesitamos corpos funcionais, que teñan a capacidade de adaptarse ás esixencias do día a día, a nivel laboral, familiar ou de ocio.
Por iso, sempre orientamos unha gran parte dos tratamentos ao movemento e ao fortalecemento, adaptandoo de forma individalizada ás capacidades da cada persoa, á súa patoloxía, aos obxectivos que marquemos na sesión de valoración e á prevención, tanto de posibles secuelas, como de outras problemáticas, como de recaídas das xa existentes.

Todas e todos podemos facer exercicio terapéutico, sin excepcións, só temos que saber cómo, cal, con que intensidade e con que adaptacións. E para iso estou aquí. En calqueira franxa de idade, cunha base postural, respiratoria, de control abdominal e perineal, de maneira que aprendamos e fagamos terapia mediante o exercicio de forma controlada e adaptada.

Embarazo

Posparto (diástase abdome, mellora funcionalidade... )

Patoloxía músculo-esquelética (lumbar, cervical, hernias, recuperación tras lesión...)

Pre e post cirurxía (cirurxía pélvica, hernias, próteses...)

Disfuncións solo pelviano (incontinencia, prolapso de órganos pélvicos...)

Preparación e aprendizaxe para realización de actividades deportivas de forma segura (entrenamento de forza, running...)

Programas de exercicio domiciliarios

Lorena ayudando a una mujer embarazada a hacer ejercicio con pesas.