Pelviperineoloxía

Crear espazos seguros en donde poder falar, transmitir as túas preocupacións, obter información, consultar os teus síntomas, visibilizar a patoloxía feminina, deixar de sufrir en silencio, buscar apoio e alternativas, establecer obxectivos de mellora, solucionar problemáticas recentes ou de larga data, recibir soporte e acompañamento, en definitiva, lugares donde crear tribo é unha obriga, e desde que empecei a formarme en esta especialidade da fisioterapia , quixen crear e ofrecer un espazo así a todas as mulleres que agora ou nun futuro, independentemente da súa idade ou etapa de vida, necesiten soporte para transitar unha disfunción, unha dor ou calqueira outra problemática.


A pelviperineoloxía está para poder mellorar a calidade de vida, desmitificar e eliminar os tabús que rodean ao solo pelviano e as súas disfuncións e deixar de normalizar aquelo que non é normal.

Lorena atendiendo a una mujer embarazada que está sobre una camilla.

A maioría das mulleres sufrirán algunha problemática de solo pelviano nalgún momento ao longo da vida. NON ESTÁS SOA.

O 80% das mulleres que tiveron embarazos e partos e aproximadamente o 40% da mulleres que practican deporte.

A cuarta parte da poboación feminina sufre incontinencia de ouriños.

O 20% das mulleres teñen dor nas relacións sexuais.

Recorda, que algo sexa frecuente non quere dicir que sexa normal.

En que consiste?

Na consulta de pelviperineoloxía temos que darlle forma á túa historia, para poder entender a túa problemática e poder establecer as conexións necesarias para saber cal pode ser a causa da mesma. Para iso recolleremos toda a información posible na entrevista inicial. Tras esto, realizaremos unha valoración global xeral e unha máis específica a nivel perineal. Según a historia clínica, os síntomas, e os achados da exploración establecemos o plan de tratamento para acadar os obxectivos marcados, según o motivo de consulta e as necesidades máis inmediatas que teñas.


Tomar a decisión de acudir a terapia, iniciar un proceso de tratamento, implicarte como parte activa sabendo que esixirá cambios é un signo de fortaleza e valentía, e indica preocupación e autocoidado, moitas veces, ante situacións ou dores que emocionalmente removen moito. Sei o duro que pode ser, o compromiso que hai aceptar e o tempo que haberá que dedicarlle para poder progresar e por iso intentarei acompañarte con respecto, con calma e apoiandote no que precises.

Lorena tocando el vientre e una paciente

Acompañamento no embarazo e posparto:

Poder acompañarte no teu embarazo, que me elixas para orientarte nesta etapa tan importante e que suporá un antes e un despóis na túa vida, reconfortame especialmente como profesional e como muller. Con exercicio terapéutico, con tratamento de dores ou alteracións que poidan aparecer ao longo das semanas (dor lumbar, nas cadeiras, edema circulatorio nas pernas, varices vulvares, conxestión pélvica, dor na zona costal e diafragmática, hipertonía, perdidas de ouriños, etc…), con masaxe perineal, con técnicas de alivio da dor, respiración, movilidade e elásticidade dos tecidos nas últimas semanas, biomecánica da pelve, etc…


E por suposto, seguimento no posparto inmediato e tardío, no que o soporte para a mamá é super importante, e que está tan esquecido para a sociedade e para a sanidade.
Solucionar problemáticas a nivel perineal ou abdominal, valoración e tratamento das cicatrices, aliviar a diferentes dores que poidan aparecer despóis do traballo e parto e expulsivo ou coa lactancia, etc… dor de espalda, glútea, do coccix, traballar unha diástade de abdome, unha incontinencia, un estrinximento, un problema circulatorio como unha variz vulvar ou anal, realizar unha valoración antes de retomar ou iniciar unha práctica deportiva…

Si hai algo que non esta funcionando ben, que non está como estaba, que che está preocupando ou queres previr que poida empeorar nun futuro, agora é momento. E sempre é un bo momento.

Lorena ayudando a una mujer embarazada a hacer ejercicio con pesas.
Manos de Lorena tocando una cicatriz

Independentemente da etapa de vida que transites, a fisioterapia pode axudarche.

Pubertade e xuventude

Madurez

Embarazo

Posparto

Perimenoupausa e menopausa

Climaterio

preguntas frecuentes

En ningún caso. Teñas a idade que teñas ou independentemente da etapa de vida que transites a fisioterapia pode axudarche para solucionar ou previr patoloxía.

Non, a dor, ou outra sintomatoloxía non é normal. As cicatrices deben tratarse de forma temperá, e si non o fixemos, abordalas canto antes. Ademáis, as cicatrices poden cambiar ao longo da vida, e empezar a dar problemas en calqueira momento.

O solo pelviano pode danarse no embarazo, ou incluso anteriormente a él, asique si, sempre hai que facer unha valoración no posparto. Ademáis a cicatriz é indispensable vela de forma temperá.

Si todo está ben, non hai dor de ningún tipo ou ningunha outra sintomatoloxía, valoraremos pasada a cuarentena. Si hai cicatrices, dor zonal, de espalda, lumbar, coccígeo, alteracións vasculares como varices ou hemorroides, o ideal é poder tratar canto antes.

Si! A dor menstrual non é normal, debemos buscar cal pode ser a causa da mesma, e a fisioterapia pode axudarche a aliviar a túa sintomatoloxía. Teñas a idade que teñas. Super importante ademáis, si padeces de endometriose.

Claro! Si necesitas información sobre como podo axudarche, que productos de hixiene menstrual son os máis axeitados para ti, si queres adquirir un dispositivo intravaxinal de fortalecemento para casa, ou calqueira outra cousa estarei encantada de axudarche

Axudaranos a ver si o solo pelviano e estructuras asociadas están en bo estado, e sobre todo, si xestionamos ben a práctica deportiva para que non provoque disfunción a corto, medio ou largo plazo. E si non é así, poder traballar antes de que apareza.

Por suposto. Sempre podemos, e debemos, valorar, ver a causa, e intentar solucionar as pérdidas de ouriños.

En perimenopausa e menopausa a caída hormonal vai a provocar unha serie de cambios que tamén poden afectar ao noso solo pelviano. A fisioterapia debe ser o tratamento de elección para axudar a mellorar a sintomatoloxía que poida estar asociada.

Si, sempre imos a necesitar un traballo global para mellorar a sintomatoloxía. Incluso si a perspectiva é a cirurxía, sempre será interesante facer un traballo pre e post cirurxía para preparar o tecido, tratar as secuelas e previr posibles recaídas.

A imposibilidade ou a dor nas relacións sexuais pode mellorar considerablemente co tratamento. Nalgunhas ocasións pode ser necesaria unha intervención multidisciplinar, pero en todo caso, a fisioterapia é esencial.

Por raro que pareza, si! Teñen unha relación directa e en moitos casos é necesario tratar o solo pelviano para solucionar esa dor lumbar e/ou glútea que non acaba de mellorar.