dIVULGACIÓN

Facer divulgación para mulleres, de calqueira idade, con patoloxía ou sen ela, esteñan na etapa de vida que esteñan, me acerca á realidade sobre as súas inquietudes, medos e problemas no día a día, ensiname a pouca empatía, descoñecemento, nula importancia e banalización das disfuncións perineais que hai nas consultas sanitarias e na sociedade, e sobre todo, móstrame a necesidade que teñen as mulleres de coñecer e entender o solo pelviano e de conectar e sentir o mesmo.

Lorena impartiendo una formación

A través de charlas e talleres teórico-prácticos nos que de forma clara e accesible entendas o impacto que vai a ter o solo pelviano na túa vida, a todos os niveis, coñezas a súa estructura, ás súas funcións, que problemáticas adoitan ser as máis frecuentes, como facer prevención das mesmas, cales son os factores de risco que poden provocalas, que outras estructuras corporais teñen relación directa co periné, que coidados necesita, como o traballo, ocio ou deporte que practico lle van afectar directamente, como coidalo según a etapa de vida na que me atopo ou que hábitos implementar no día a día para empezar a autocoidarse, cun obxectivo claro, deixar de normalizar o que non é normal e entender que sempre, sempre podemos facer prevención e tratamento.

Crear un espazo seguro para mulleres, mostrarlles do que son capaces, empoderalas, facelas fortes e valentes, darlles ferramentas e información para poder escoller con liberdade, é unha necesidade imperiosa e unha obriga para min como muller, e como fisioterapeuta.

Creamos tribo, aprendemos e empoderámonos xuntas.

Charlas e talleres sobre saúde feminina

Se queres regalar unha xuntanza ás mulleres da túa comunidade para que poidamos falar, aprender e entender máis sobre solo pelviano e a súa importancia, falámolo, vemos as opcións e poñémonos mans á obra.

📍 Onde?
En concellos, asociacións, organizacións, empresas, negocios, ou mesmo en reunións privadas.

🎯 Para quen?
Para mulleres de todas as idades, con ou sen patoloxía, esteñan na etapa de vida que esteñan, que queiran coñecer o seu corpo, facer prevención e mellorar a súa saúde e calidade de vida.

TEMÁTICAS DISPOÑIBLES

Que é o solo pelviano?

Embarazo e posparto: prevención e coidados.

Disfuncións perineais e sexualidade

Solo pelviano e práctica deportiva.

Queres organizar un taller no teu espazo?

Contacta comigo e falamos!